domingo, 21 de febrero de 2021

ENTROIDO

 ENTROIDO 2021

Este ano, no noso cole decidimos festexar o Entroido como todos os anos, pero este curso máis que nunca, coa situación que estamos a vivir, necesitábamos celebralo. Todo o alumnado necesitaba ter un día distinto, fóra da rutina onde poder vivir e gozar da maxia do Entroido, sempre cumprindo as medidas pola Covid-19 que xa implementamos durante todo o curso. Así que os mestres e mestras deste cole puxémonos a traballar para devolver unha miguiña de ilusión neste Entroido tan atípico.



Deixámosvos por aquí unhas cantas fotos para que vexades a ilusión nos olliños dos nosos nenos e nenas este día e a implicación de todo o profesorado do noso centro.








jueves, 4 de febrero de 2021

ENTROIDO

Ola amiguiños e amiguiñas! Que tal estades? Xa está chegando o Entroido e o Meco ven con moitas peticións para facer de cara á próxima semana. Estades preparados? Deixámosvos todos os mandatos do Meco. 

Ímolo pasar xenial!

Que viva o Entroido!!!










-------------------------------