domingo, 17 de maio de 2026

OBTEMOS RESPOSTA. CABO VERDE.

 Despois de presentar o noso novo proxecto 'Burela sen fronteiras' ao alumnado iniciamos a primeira fase, a de investigación e recollida de información. Tódalas aulas escribiron cartas ou enviaron correos electrónicos a embaixadas, consulados, oficinas de turismo, concellos, etc.

Pois todo traballo ten a súa recompensa e que alegría cando comezamos a recibir resposta. Que cheguen caras e paquetes ao noso cole con agarimosas respostas e material de axuda para coñecer os países que estamos a investigar serve de axuda no noso traballo e tamén de motivación. Celebramos a chegada das respostas case coma unha festa!

Aquí tedes ao alumnado de cuarto de educación Primaria recibindo resposta do Consulado de Cabo Verde:




Ningún comentario:

Publicar un comentario

-------------------------------