domingo, 17 de maio de 2026

INFANTIL. ESPAÑA

 O alumnado de Infantil decidiu centrarse no estudo de España e adicou boa parte do primeiro trimestre a coñecer Burela, o lugar onde vivimos; e de aí á nosa provincia, comunidade, etc. 

A etapa de Infantil realiza unha investigación xeral e tocando aspectos moi diferentes de cada unha das comunidades que forman o estado español, coñecendo dende aspectos organizativos e históricos, ata literarios e referentes ao folclore. Menuda viaxe que están a facer por toda a península!

Para realizar todas estas tarefas acompáñanse de traballos en papel, murais, música, presentacións e actividades tamén na biblio e na aula de Polos Creativos. Non paran!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

-------------------------------