DENDE ESTE CURSO 2025/26 FORMAMOS PARTE DO PROGRAMA DE CLUBS DE LECTURA.
Esta iniciativa ampliouse aos centros de educación infantil e primaria no curso 2021/22 (antes xa funcionaba en secundaria). Aínda que o noso centro leva ofrecendo clubs de lectura ao alumnado dende fai varios anos, foi este no que decidimos solicitar a incorporación neste programa e promover a lectura compartida e a socialización do noso alumnado.
Ofrecemos varios clubs ao longo do curso escolar e fixamos unhas datas e tempos para a súa celebración. Os libros ofertados suxiren un rango de idade que consideramos que pode conectar e disfrutar máis co libro, mais seremos sempre flexibles e animaremos con gusto a todo o alumnado que desexe participar neles.
Durante este curso escolar abrimos tamén sesións para o noso club de lectura de persoas adultas, onde intentamos que participen dende ex-alumnos, antigos mestres, familias e outras persoas que formen parte da nosa comunidade educativa. Favorecendo un espazo de convivencia, participación e disfrute ao redor da literatura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario