mércores, 25 de decembro de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA AS VACACIÓNS DE NADAL.

 Aquí tedes unhas recomendacións lectoras elaboradas por Carmiña e o profesorado do cole para que disfrutedes moito da lectura.

Premede nos links para acceder a velas ou a través do código QR.


RECOMENDACIÓNS DE NADAL




RECOMENDACIÓNS BIBLIOTECA




FORMACIÓN DE USUARIOS.

 Na biblioteca da tartaruga fixemos, durante varias xornadas, sesións de formación de usuarios.

Achegáronse á biblio as aulas de segundo, terceiro e quinto. O alumnado coñeceu a biblioteca dende outro punto de vista e aprendeu moito sobre o seu funcionamento. 

Sen dúbida, foron unhas xornadas moi interesantes. 

Aquí vos deixamos unha mostra.







martes, 17 de decembro de 2024

As nosas celebracións.

 A Carmiña gústalle andar moi atenta a aquelas celebracións que son importantes para o alumnado. Por iso prepara os expositores con frecuencia para que cando visitedes a biblio poidades atopar con facilidade as temáticas que están máis de actualidade neses momentos. Aquí tedes unha pequena mostra dos expositores arranxados para Halloween e Samaín así como para o mes da ciencia en galego.





Thanksgiving Day!

 A biblio, coa axuda da profe Teresa, preparou unha pequena exposición arredor da celebración de Thanksgiving Day! Unha festa da que aprendimos moito da man de Haley Janoski, a nosa auxiliar de conversa durante este curso.






Xornada de bibliotecas escolares de Galicia.

 O noso cole asistiu ás xornadas de bibliotecas escolares o pasado día 9 de novembro. Unha xornada intensa e interesante ao redor da palabra, dos libros e as bibliotecas.



sábado, 30 de novembro de 2024

Día das bibliotecas escolares.

 O pasado 24 de outubro foi un día moi especial no noso colexio pois tivemos celebración por partida dobre, o dia das bibliotecas escolares e o magosto. Menuda xornada!

Carmiña andou argallando moitas cousiñas dende o inicio de curso e unha delas foi unha recolocación dalgúns mobles da biblioteca para intentar facer un espazo máis amplo para ler, traballar e argallar cos materiais tan interesantes que temos na nosa biblio.

Mais outra das cousas que andou a argallar segue sendo un misterio! Pediulle a todo o alumnado de primaria que pensase ben o título dun libro que fose especial, moi especial para cada un deles e pediulles que o trouxeran escrito nun anaquiño recortado especialmente para a ocasión. E tamén lles pediu que, mentras se concentraban durante días nas horas de ler, escribisen palabras que lles chamasen a atención nunhas tiras amarelas, preparadas tamén previamente. Que fará Carmiña con todo iso? Pois, de momento, non o sabemos.

Durante a xornada do 24 de outubro a nosa biblio abriu oficialmente as súas portas e recibiu con ledicia ao alumnado de primaria e sexto de infantil. Os grupos foron achegándose á biblioteca por turnos para observar os cambios na biblio, recoller as súas mochilas viaxeiras e pasar un ratiño con Carmiña, que ata se animou a ler algún conto!

Que ben o pasamos! As axudantes de Carmiña recolleron o material que esta lles solicitara e explicaron algunha que outra novidade referente ás mochilas viaxeiras pois sabedes que? Entre outras novidades, agora cada mochila leva un pequeno xogo para que vos divirtades xuntiños nas vosas casas.

Aquí vos deixamos un recordo dese día.












domingo, 22 de setembro de 2024

 Chegou setembro e con el o inicio dun novo curso escolar.


Dende a biblioteca queremos darvos a benvida e agardamos que rematemos en xuño cunha mochila ben cargadiña de aprendizaxes, experiencias e lecturas, moitas lecturas!

Mirade, aquí estou nesta fotografía cos meus amigos Bonitiño e Clink.




xoves, 16 de maio de 2024

PEQUENA GRAN MOSTRA...(Pincha nas letras que están fóra do cartel)

 

  R               A                               L                                   E                                                       F                                        T                           S                                G                                                     

                                                        

         

                                      

luns, 22 de abril de 2024

                CONCURSO: QUE LIBRO É?

             SEMANA DO 22 AO 26 DE ABRIL 

  Os premios entregaranse aos gañadores o día 16 de maio, no festival das Letras Galegas


 Participou no concurso todo o alumnado de Educación Primaria.

Carmiña daba 3 pistas agochadas pola sala de préstamo para localizar un libro concreto, relacionado co proxecto "Somos natureza", que variaba segundo os niveis.

Así 1º e 2º buscaban un libro que xa leran e comentaran nas súas clases e os cursos de 3º,4º,5º e 6º buscarían un libro que lerían unha vez atopado. A finalidade é que sepan moverse pola biblioteca e aprendan a localizar os volúmenes.
 

-------------------------------