Os nenos e nenas de 1º nivel acudiron hoxe á biblioteca onde os estaba esperando a nosa mascota, CARMIÑA, para darlles a benvida como novos usuarios.
Primeiro faloúselles das normas que había que seguir á hora de levar libros como préstamo e do comportamento que había que ter nunha biblioteca. A continuación, escoitaron un conto sobre como chegou Carmiña ao noso centro e despois entregouselles o seu carnet de lectores e dende hoxe mesmo xa puideron levar libros para a súa casa.
![]() |
| Recibindo os carnets |
![]() |
| Que ilusión! |
![]() |
| Contentos/as! |
![]() |
| Que ben se portaron! |






Ningún comentario:
Publicar un comentario