venres, 28 de setembro de 2012

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS





A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou o cartel para o curso curso 2012/2013 co lema "Biblioteca escolar, acelerador de innovación",para a celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro)







martes, 19 de xuño de 2012

COÑECENDO GRANDES PINTORES

Co tema “COÑECENDO GRANDES PINTORES” traballamos este trimestre no terceiro ciclo sobre Miró, Paul Klee, Dalí, Picasso, Van Gogh e Mondrian. Investigamos sobre a súa vida e obra, interpretamos e pintamos algún dos seus cadros máis coñecidos e fixemos un exposición das nosas obras.



COÑECENDO GRANDES PINTORES - diapositivas

martes, 5 de xuño de 2012

OUTROS PAÍSES, OUTRAS CULTURAS

Xa rematamos os traballos dos 14 países do noso alumnado estranxeiro. Dende agora podedes velos aquí ou na páxina web do colexio.
      
                 

Para facer este proxecto inspirámonos nun traballo publicado no Blog do CEIP "Rosalía de Castro" (A Charca dos libros) de Xinzo de Limia.

xoves, 24 de maio de 2012

MES DO LIBRO E DAS LETRAS

Durante os meses de abril e maio  conmemoramos o Día do Libro o o Día das Letras Galegas con varias actividades:
-          1ª SEMANA DA POESÍA: DO 23 AO 27 DE ABRIL:
Día 23 de abril:recital poético na Biblioteca.





-          CONTACONTOS
-          XORNAL ESCOLAR
-     DÍAS 24 E  25: FESTIVAL DAS LETRAS: RECITADOS, MÚSICA E TEATRO

sábado, 7 de abril de 2012

ABRIL: O MES DA LITERATURA

O mes de abril é o mes da literatura: o día 2 celebramos o Día da Literatura Infantil e Xuvenil conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen e o día 23: DÍA DO LIBRO.
Para esta primeira data tedes aquí dous LIM cos que podedes traballar o conto. Preme no cartel e poderás traballar un LIM sobre Andersen.

LIM sobre os contos dos irmáns Grimm realizado polo CEIP "Fleming" de Vigo.

-------------------------------