domingo, 10 de xullo de 2011

venres, 8 de xullo de 2011

FIN DE CURSO

O pasado día 22 de xuño celebramos o fin de curso con varias actividades: teatro con dúas obras, unha representada polos alumnos de 6º de  Educación Infantil,"O Cogumelo" e outra, "A illa do tesouro", polos alumnos de 5ºA de Primaria. Tamén houbo bailes, xogos... Pasámolo xenial. Aquí tedes algunhas imaxes destas actividades.
FELICES VACACIÓNS




sábado, 18 de xuño de 2011

GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2011

Como o verán e as VACACIÓNS xa están ás portas e chega o tempo de lecer para facer castelos de area, xogar na praia, saír de excursión, de andar coas bicis, de ir ás festas... E tempo de AVENTURAS e tamén, como non, de boas LECTURAS.
 Por iso aquí tedes as nosas recomendacións para o verán que convidan a facer voar a nosa imaxinación e convertirnos en protagonistas de todo tipo de viaxes, misterios e aventuras.




xoves, 9 de xuño de 2011

VISITA DUN MARIÑEIRO e EXPOSICIÓN DE COUSAS DO MAR

Continuando co proxecto do MAR, o pasado día 7 de xuño tivemos a honra de ter con  nós a Balbino, un mariñeiro xubilado que veu a contarnos como é a pesca do bonito, dende que el empezou a ir ao mar (cando tiña uns dezaseis anos) ata agora. Tamén viu a "Exposición de cousas do mar" e nos  explicou algo sobre elas.


luns, 30 de maio de 2011

LETRAS GALEGAS 2011

O pasado venres, día 27, celebramos o Día das Letras Galegas cun pouco de retraso por diversos motivos. Houbo semblanzas do poeta homenaxeado este ano, LOIS PEREIRO, recitado de poemas, contos musicais, música e unha obra de teatro: "Restaurante Farruco" interpretado polos alumnos e alumnas de 6º.

venres, 27 de maio de 2011

AXENDA 21: XUNTANZA EN XERMADE

O pasado luns, día 23, tivo lugar en Xermade un encontro de zona dos centros que participamos na Axenda 21: CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo, CEIP de Castroverde, CEIP de Xermade e CEIP Virxe do Carme de Burela. Cada centro presentou o traballo realizado neste curso. O noso centro traballou nun proxecto sobre as árbores do colexio
Os nenos participaron en diversas actividades para promover unha alimentación saudable; tamén houbo xincanas, talleres e    contacontos con Anxo Moure .
Foi unha xornada na que os nenos e nenas pasárono moi ben aprendendo cousas novas e compartindo experiencias con alumnos doutros centros.



domingo, 15 de maio de 2011

SALVANDO LIBROS

Ao longo deste mes do Libro e das Letras as Bibliotecas Escolares fixeron un traballo conxunto partindo da idea: Que libro da literatura galega salvarías ti, se ocorrese o que nos conta a novela Fahrenheit451?
Tratábase de salvar un libro en lingua galega.
Jaime Eizaguirre Santillán foi quen deseñou os cartaces que serven de soporte á actividade e  Mª Dolores e Sabela  foron as encargadas de coordinar e dar forma á esta actividade conxunta, conseguindo este espléndido traballo polo que lles damos as grazas. Podedes ver aquí os libros salvados de  Primaria e de E. Infantil.









martes, 10 de maio de 2011

17 de maio: LETRAS GALEGAS: LOIS PEREIRO

RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES
A Coordinadora Galega de ENDL achéganos unha recompilación de actividades para todos os ciclos arredor da figura de Lois Pereiro, poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

As actividades son autoría dos equipos de Dinamización da Lingua Galega ou de Biblioteca de moitos centros.

AQUÍ TEDES UN ENLACE e tamén hai actividades no lateral do Blog.
PRESENTACIÓN DE LOIS PEREIRO
(Realizada polo CEIP "Castro de Ouro" de Alfoz)
-------------------------------