luns, 31 de xaneiro de 2022


O  30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Durante esta semana, no noso cole, estivemos investigando sobre cales son os símbolos empregados para representar a paz, pois máis aló da pomba branca , existen outros que merece a pena coñecer. 
Aquí vos deixamos un vídeo coa  recompilación dos seus traballos.

 

mércores, 15 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 👌

Hoxe traémosvos oas recomendacións lectoras de Nadal, esperemos que vos gusten e que gocedes moito da lectura! Recordade pedir axuda ás vosas familias se as necesitades. Moito ánimo e Felices Festas.


Preme na imaxe e encontra o teu libro:



venres, 25 de xuño de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

 RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 😜

Fixéronse esperar mais...aquí están! A gozar do verán e non esquezades...A MAXIA ESTÁ NA LECTURA!!



domingo, 20 de xuño de 2021

FACENDO CAMIÑO

 FACENDO CAMIÑO NO “VIRXE DO CARME” 

Remata un curso que comezamos en setembro con incertidume e preocupación, mais tamén coas maletas cheas de ilusión e cunha enorme vontade por nos reencontrar de novo nas aulas. Pouco a pouco fomos facendo camiño e semana tras semana fomos resistindo e mantendo a nosa presenza no centro, grazas á colaboración de toda a comunidade escolar, que en todo o momento mantivo unha actitude exemplar e un grande sentido da responsabilidade. 

 

Aínda que neste curso a educación musical estivo profundamente condicionada polas medidas anti-COVID, a nova normalidade evidenciou a importancia da música como elemento motivador e dinamizador da vida escolar. Por este motivo queremos compartir con todos e todas esta versión de Fago o camiño,  tema que podedes atopar no libro-disco O Veleiro Verde de Maria Fumaça. 

 

Pensamos que esta canción transmite a ilusión e o entusiasmo co que vivimos a volta ás aulas e a necesidade de saír de novo aos patios e ás rúas para xogar á bola, á billarda, á chave, ao trompo ou coller as bicis para “facer camiño”.

 

Moitas grazas e agardamos que vos guste. Vémonos o próximo curso para seguirmos facendo camiño!






 

venres, 18 de xuño de 2021

venres, 21 de maio de 2021

 LETRAS GALEGAS 2021

Boas rapaces e rapazas. Traémosvos uns vídeos moi divertidos reivindicando o bo emprego da nosa lingua para conmemorar as Letras Galegas neste 2021. Dígocho eu!

Premede nas imaxes e a aprender divertíndonos!


Educación Infantil


1º e 2º E.P.


3º e 4º E.P.


5º e 6º E.P.

Isto non é todo. Traemos unha canción feita polos profes de música, Roberto e Ana co alumnado de 4º, 5º e 6º. Gozádea porque é única.



-------------------------------