Aquí tedes un ano máis a revista NORDÉS cargada de novidades, celebracións, viaxes, poesías, contos...e moito máis!!!
xoves, 9 de xuño de 2016
E. INFANTIL E A GALIÑA DE MOS
Dentro do proxecto proposto dende a biblioteca para este curso, FAUNA GALEGA E. Infantil elexiu a galiña de Mos para traballar.
Fixeron un fermoso traballo que plasmaron nun gran mural despois de traer dúas galiñas e ovos á aula.
Un traballo excepcional!!
martes, 7 de xuño de 2016
martes, 31 de maio de 2016
FAUNA GALEGA: O PORCO CELTA
En 6º A, dentro do proxecto sobre fauna galega proposto dende a biblioteca, eles traballaron sobre O PORCO CELTA.
Realizaron uns interesantes traballos. Escollemos un deles para amosar neste blog:
xoves, 26 de maio de 2016
CALQUERA SITIO É BO PARA LER!!
Hoxe, na "HORA DE LER", os nenos@s de 4º B saíron ler fóra aproveitando o soliño da primavera.
sábado, 21 de maio de 2016
TRABALLO SOBRE O LOBO
Os grupos de 4º nivel estamos plenamente inmersos no proxecto FAUNA GALEGA que para este curso propuxo a biblioteca escolar.
Nós traballamos sobre O LOBO e aquí deixamos este traballo:
xoves, 19 de maio de 2016
LETRAS GALEGAS
Hoxe, o noso cole celebrou o DÍA DAS LETRAS GALEGAS Fixémolo ao grande xa que a data o requería: fomos todos á Casa da Cultura.
Aquí tamén acudiron pais e avós a desfrutar do que o noso alumnado tiña preparado: houbo de todo un pouco: representacións teatrais, cancións de poemas de Manuel María, unha semblanza do mesmo, un relato de tradición oral, un rap...
Foi unha mañá na que todos, nenos/@s e grandes desfrutamos moito!!
venres, 13 de maio de 2016
HORA DE LER
O nenos@s de 3º escolleron hoxe para ler un sitio peculiar: o pequeno parque de xogos que temos no patio. Nas fotos vese que desfrutaban moito da lectura e é que calquera sitio é bo para desfrutar deste placer!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)