luns, 27 de outubro de 2014

DÍA DA BIBLIOTECA. FORMACIÓN DE USUARIOS/AS

Dende a biblioteca consideramos moi importante a formación de usuarios/as, tanto a nivel do profesorado como do alumnado. De pouco vale ter unha biblioteca máis ou menos fermosa en canto á decoración e con moitos fondos bibliográficos se despois non se coñece, non se usa, non se dá a coñecer. A biblioteca escolar ten que ser algo vivo, na que alumnado e profesorado aproveiten tódolos recursos que ésta lles poda brindar para desenvolver o traballo cotián, para desfrutar lendo, visionando un documental, unha película...
A biblioteca da tartaruga está a realizar unha formación de usuarios /as coincidindo coa celebración nestas datas do día das bibliotecas. Empezamos hoxe coa formación para 1º ciclo que iremos ampliando ao resto de profesorado e alumnado ata abarcar todo o colexio.
Empezamos amosando ás profesoras de 1º ciclo (algunhas ademais novas no colexio) o funcionamento da biblioteca, que é a CDU, como está adaptada ao noso cole, onde están situados os materiais...e tamén unhas nocións básicas do programa Meiga para que saiban buscar un libro en concreto, facer préstamos e devolucións de libros...etc
A continuación, deixámoslles unha unidade didáctica elaborada por outros compañeiros pero adaptada as nosas necesidades. Nela, os nenos e nenas poden aprender as partes dun libro, situar o título, o autor/a, colección, editorial...coñecer a CDU, , saber como teñen que buscar un determinado libro na biblioteca...etc, etc.
O equipo da biblioteca agardamos que esta formación lles sirva de proveito a todos/as.
Aí vai un pequeno exemplo de actividades para o alumnado:




domingo, 26 de outubro de 2014

PROXECTO: "ÁRBORES E ARBUSTOS DE GALICIA"

Dentro do proxecto "Coñecemos Galicia", este curso centrarémonos nas árbores e arbustos da nosa terra. Partiremos do entorno máis próximo como son os xardíns do colexio, onde hai varias especies autóctonas. As árbores e arbustos que se van traballar son as seguintes:
O castiñeiro, o carballo, o acivro, a figueira, o loureiro, a nogueira, o toxo, a cerdeira, o salgueiro, a vide, o pradairo, o piñeiro e a laranxeira.
Para empezar a coñecer un pouquiño mellor algunhas das árbores que se van traballar, aí vai un xogo didáctico:
Pincha aquí

I CONCURSO DE CÓMICS 3º CICLO. 1º e 2º PREMIOS

Un dos premios aos ganadores do concuro de banda deseñada era a publicación dos dous ganadores no blogue da biblioteca. 
 Pois aí van:
   1º PREMIO



2º PREMIO


xoves, 23 de outubro de 2014

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES". Para que vexades unha biblioteca moi diferente á nosa, que vos vai sorprender, aí vos vai un vídeo.
http://youtu.be/wuTswmx9TQU


Tamén amosamos o cartel divulgativo deste curso para as bibliotecas escolares galegas co lema Biblioteca escolar...matemático!!! A ilustración é de David Pintor.

martes, 21 de outubro de 2014

SAMAÍN

Logo chega o SAMAÍN. Aquí tedes un enlace no que hai actividades NOVAS para traballar . Pincha aquí


venres, 26 de setembro de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS

Os nenos e nenas de Primaria que elexiron, xunto coas súas familias, participar na actividade de fomento da lectura "MOCHILAS VIAXEIRAS", recolleron onte e hoxe o material na biblioteca do colexio. 
O equipo da biblioteca desexamos que desfruten moito co contido das mochilas.

 Mirade que contentos ian!










sábado, 20 de setembro de 2014

martes, 9 de setembro de 2014

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2014/2015


Ola nenos e nenas, familias e profes. Case todos me coñecedes, pero pode haber nenos/as que non, porque son novos este curso no cole, ou ben pode haber algúns que aínda nunca pasaran pola biblioteca. Pois vai sendo hora de que o fagades eh!!
Eu son a tartaruga CARMIÑA, a mascota da biblioteca e quero darvos a benvida a este novo curso escolar 2014/2015.
Quero dar a benvida especialmente aos nenos e nenas de 1º curso, que van ter uns carnets novos para poder acceder ao servizo de préstamo de libros.
 Olaaaa!! Benvidos a Primaria!!
Estou moi requetecontenta de que esteades aquí de novo. Sentiame tan soa na biblioteca! Canto me tardaba que se acabasen as vacacións! A vos, seguro que tamén...ou non?
A min gústanme moito que veñades pola biblioteca. Aquí tedes todo un mundo por descubrir...hai moitos libros de contos, enciclopedias, libros especializados...hai revistas, cómics, películas...
Coma todolos anos, axiña ha de estar activado o servizo de préstamo para que poidades ir buscar libros para levar ás vosas casas, tamén teredes as mochilas viaxeiras, que tanto vos gustaron o curso pasado, faremos tamén un concurso de cómics e a ver se conseguimos que algún contacontos se achegue a facernos desfrutar de fermosas historias...e moitas outras actividades que iremos programando ao longo do curso. 
As profesoras que forman parte do equipo da biblioteca, queren que aproveitedes e desfrutedes dos recursos que esta vos ofrece. Agardo que me veñades visitar a miúdo para que non me sinta soa. 
Bo comezo de curso. Vémonos!!



-------------------------------