sábado, 30 de novembro de 2024

Día das bibliotecas escolares.

 O pasado 24 de outubro foi un día moi especial no noso colexio pois tivemos celebración por partida dobre, o dia das bibliotecas escolares e o magosto. Menuda xornada!

Carmiña andou argallando moitas cousiñas dende o inicio de curso e unha delas foi unha recolocación dalgúns mobles da biblioteca para intentar facer un espazo máis amplo para ler, traballar e argallar cos materiais tan interesantes que temos na nosa biblio.

Mais outra das cousas que andou a argallar segue sendo un misterio! Pediulle a todo o alumnado de primaria que pensase ben o título dun libro que fose especial, moi especial para cada un deles e pediulles que o trouxeran escrito nun anaquiño recortado especialmente para a ocasión. E tamén lles pediu que, mentras se concentraban durante días nas horas de ler, escribisen palabras que lles chamasen a atención nunhas tiras amarelas, preparadas tamén previamente. Que fará Carmiña con todo iso? Pois, de momento, non o sabemos.

Durante a xornada do 24 de outubro a nosa biblio abriu oficialmente as súas portas e recibiu con ledicia ao alumnado de primaria e sexto de infantil. Os grupos foron achegándose á biblioteca por turnos para observar os cambios na biblio, recoller as súas mochilas viaxeiras e pasar un ratiño con Carmiña, que ata se animou a ler algún conto!

Que ben o pasamos! As axudantes de Carmiña recolleron o material que esta lles solicitara e explicaron algunha que outra novidade referente ás mochilas viaxeiras pois sabedes que? Entre outras novidades, agora cada mochila leva un pequeno xogo para que vos divirtades xuntiños nas vosas casas.

Aquí vos deixamos un recordo dese día.












-------------------------------