venres, 20 de decembro de 2019
mércores, 27 de novembro de 2019
xoves, 24 de outubro de 2019
Ola a todos:
Por fín, abrimos a Biblioteca,aproveitando que o 24 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares.
A nosa mascota,Carmiña recibiu ós alumnos; primeiro ós de Educación Infantil e despois ós de Primaria. Contoulles algo da súa vida desde que chegou ó colexio e explicoulles as normas e uso da biblioteca. Entregou novos carnets e explicoulles onde podían atopar os seus libros preferidos.
Empezamos o curso con moitas sorpresas;unha delas foi o novo espacio que imos chamar bibliolab, para consultar as nosas dúbidas e aprender de forma divertida con moitos xogos educativos .
Como somos un colexio plurilingüe, aproveitamos tódolos momentos para coñecer outras linguas.
Na foto estamos escoitando unha fermosa historia que nos contou a nosa auxiliar de conversa de inglés.
mércores, 5 de xuño de 2019
ACTUACIÓNS MUSICAIS DE 5º
ACTUACIÓNS MUSICAIS DE 5º DE E.P
NA GALIÑA AZUL
-O POPURRI DAS MANS.-O POLO PEPE.
LETRAS GALEGAS: Antón Fraguas ,
LETRAS GALEGAS: AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO: ANTÓN FRAGUAS
O alumnado de sexto de Educación Infantil presentando ao homenaxeado nas Letras Galegas 2019.
OBRAS DE TEATRO REALIZADAS DENTRO DO PROXECTO "O ORADOR QUE LEVAS DENTRO"
Este ano todos tivemos que perder o medo a subirnos ao escenario , e como non podía ser doutra maneira empezamos perdéndoo o profesorado.
Pinchade aquí.
Agora tocoulles ao alumnado de 1º de E.P. Aquí o tedes.
Pinchade aquí
Ensaios contos clásicos : Alumnado de 2º A e B de E.P.
Aquí o tedes:
Pinchade aquí.
Pinchade aquí
Ensaios contos clásicos : Alumnado de 2º A e B de E.P.
Aquí o tedes:
Outros idiomas:
Iniciándose no idioma francés 2ª lingua estranxeira:
Presentándose en francés:
Diversos momentos en clase de inglés:
mércores, 29 de maio de 2019
RECITADOS POÉTICOS DE 1º E 4º DE E.P.
RECITADOS POÉTICOS
Os noso alumnado tamén gozou moito aprendendo e recitando poemas. Aquí deixámosvos unha mostra dos nenos e nenas de 1º e 4º de E. Primaria.
EXPOSICIÓNS ORAIS DE 6º DE PRIMARIA
TEXTOS EXPOSITIVOS DE SEXTO DE E.P.
O alumnado de 6º de Educación Primaria no mes de maio elaborarou textos expositivos en lingua castelá e expúxoos diante do grupo clase. Foi unha actividade moi enriquecedora e interesante.
domingo, 26 de maio de 2019
luns, 6 de maio de 2019
Ó longo do mes de abril fixemos moitas e variadas actividades relacionadas cos libros.Recibimos a escritores tan importantes como Ramón Caride e Marica Campo, que os nosos alumnos presentaron para demostrar como se prepararon a través do noso proxecto "O orador que levas dentro".
Tamén disfrutamos coas animacións de Anxo e Brais Moure.
Cos apadriñamentos lectores fomentamos a relación entre todo o alumnado e o gusto pola lectura.
A través do concurso "Que libro é" divertímonos e descubrimos outra forma de achegarnos á lectura.
Toda celelebración debe ter boa música, polo que contamos co grupo
Dambara que nos deron unha boísima lección teórico-práctica.
sábado, 4 de maio de 2019
xoves, 4 de abril de 2019
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Desde o proxecto da biblioteca, conmemoramos o día de Rosalía de Castro con varias propostas: talleres de poesía nos recreos " recreos poéticos" e máis actividades que podedes ver nas entradas anteriores. Como broche á semana , os nenos e nenas de 1º e 2º de E. Primaria participaron na presentación por parte dos alumnos de 2º da vida de Rosalía en kamishibai, con debuxos que eles fixeron.
Moitas grazas porque estivestes moi atentos e participativos.
Aquí , deixámosvos o vídeo para que poidades ver a presentación. Subide ben o volume porque está gravado con móbil e escóitase baixiño.
martes, 12 de marzo de 2019
Menuda semana tivemos na Biblio dos Castros!Carmiña propúxonos facer "recreos poéticos".Os asistentes demostraron ser bos oradores e disfrutaron moito.Cada día da semana fumos descubrindo grandes autores.Ilustramos poemas de Rosalía cos que decoramos os nosos corredores.Algún valiente participou no recitado de Rosalía de Castro. .
luns, 11 de marzo de 2019
KARAOKIÑO
KARAOKIÑO
1.- Catro Vellos mariñeiros 7.- Lévame, Lévame
2.- A Carolina 8.- Nos Caneiros
3.- Pousa, pousa 9.- Na Beira do Mar
4.- Vento Mareiro 10.- Os de Marín
5.- O Sacristán de coimbra 11.- O andar miudiño
6.- A Virxe de Guadalupe 12.- Himno Galego
Ànimo rapaces, vosotros podedes.
No mes de abril os recreos na biblioteca farémolos máis divertidos xa que serán de karaoke. Podedes ir praticando e escollendo a canción, para iso deixámosvos os seguintes enlaces ás cancións:
1.- Catro Vellos mariñeiros 7.- Lévame, Lévame
2.- A Carolina 8.- Nos Caneiros
3.- Pousa, pousa 9.- Na Beira do Mar
4.- Vento Mareiro 10.- Os de Marín
5.- O Sacristán de coimbra 11.- O andar miudiño
6.- A Virxe de Guadalupe 12.- Himno Galego
Ànimo rapaces, vosotros podedes.
luns, 18 de febreiro de 2019
SEMANA DA ROBÓTICA
SEMANA DA MULLER E DAS NENAS NA CIENCIA
Coincidindo coa celebración do día das mulleres e das nenas na ciencia, organizáronse dende o cole unhas sesións de robótica na biblioteca que foron moi interesantes, divertidas e moi instrutivas. Aquí vos deixamos un vídeo ilustrativo das sesións.
mércores, 13 de febreiro de 2019
SEMANA DOS CHISTES
CONTA-CHISTES
A semana pasada , do 4 ao 8 de febreiro, celebramos na biblioteca da tartaruga "A semana dos chistes". Durante a hora do recreo tivemos unhas sesións de conta-chistes e tanto os nenos e nenas que quixeron apuntarse voluntariamente a contar chistes como os que quixeron participar como público reuníronse para pasar un bo rato na biblio. Moitas veces saíron espontáneos do público que se animaron tamén a contarnos algúns chistes.
Aquí os deixamos uns exemplos nestes vídeos.
xoves, 7 de febreiro de 2019
DÍA DA PAZ 2019
CELEBRANDO O DÍA DA PAZ
O xoves, 30 de xaneiro celebramos no noso cole o día da PAZ de diferentes maneiras e queremos reflectir algunhas delas. Dende a biblioteca organizóuse a elección por cursos dun dereito e dun deber (dos dereitos humanos), a ilustración dos mesmos con debuxos, poemas, etc. que logo se plasmaron nun mural na biblioteca.
Tamén se fixeron nos recreos da semana lecturas de frases mais importantes de personaxes célebres que loitaron pola PAZ no mundo.
Os mais pequenos tamén fixeron debuxos da pomba da paz, e ilustraron historias que despois contáronnos co Kamishibai.
Tamén fixeron en inglés un mural internacional para este Día da PAZ.
E finalmente para rematar esta semana dedicada á paz, o día 30 reunímonos todos os nenos , nenas e profes no pavillón do cole para cantar unha canción "D. Melitón"organizada polo profe de música , Roi e tamén algunha en inglés organizada pola profe Teresa.
mércores, 16 de xaneiro de 2019
RECOMENDACIÓN DE XANEIRO
RECOMENDACIÓN DE LECTURA DO MES DE XANEIRO
Os nenos e nenas de 3º de E.Primaria recomendámosvos ler o libro "Chan, a pantasma".
Deixámosvos este vídeo presentación para ver si vos gusta.