CEIP PLURILINGÜE "VIRXE DO CARME" de BURELA (Lugo)
xoves, 29 de novembro de 2018
NOVIDADE DO MES DE NOVEMBRO
O libro que os nenos e nenas de 2ºA queremos presentarvos chámase "A galiña azul". É un conto do Ourensán Carlos Casares, ao que se lle dedicou no ano 2017 o Día Das Letras Galegas.
Aínda que non é ningunha novidade, debido a que é un conto que publicou no ano 1968, quixemos contárvolo porque sempre oiramos falar da "Galiña Azul" e pensábamos en unha gardería ou centros para nenos pequenos. Se tedes a curiosidade, como tíñamos nós de coñecer a qué se debe este nome, escoitade o resumo do conto e animádevos a lelo que está disponible na nosa biblioteca.
Ah, e agardade un pouquiño porque no segundo trimestre imos atrevernos a facer unha pequena obra sobre o conto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario