xoves, 29 de novembro de 2018
luns, 26 de novembro de 2018
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
No noso cole, ademais de traballar coa actividade do conto de Arturo e Clementina, todos os alumnos/as de primaria participaron na actividade plástica de escribir nas burbuxas e así nos quedou:
Os alumnos/as de 5º e 6º participaron tamén noutra actividade que vai na liña do noso proxecto "o orador que levamos dentro" e redactaron un manifesto contra a violencia de xénero que foron lendo polas clases dos cursos de infantil e primaria e despois foron lelo á praza do Concello, baixo o lema "Burela en Negro".
Todos fixemos pins co fondo do lazo que portamos tanto alumnos/as como profes durante este día.
O cole organizou tamén un concurso entre todas as clases para elixir un slogan para este día e o slogan ganador foi:
venres, 23 de novembro de 2018
Día da discapacidade 3 decembro
3 de Decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Navegando pola rede atopamos en youtube estes contos e cancións para comprender : AS DISCAPACIDADES.
O Equipo da biblioteca propúxolles aos nosos artistas a seguinte actividade: " SOMOS DIFERENTES E QUE!
O alumnado fixo frmosas variacións das cubertas dalgúns contos clásicos.
QUE DIVERTIDO E SER DIFERENTE!!
XENIAL rapaces!
25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Todo o alumnado de Educación Primaria participou nunha actividade plástica, hoxe 23 de novembro sobre "A non Violencia".
Ao longo da xornada o alumnado escribiu en burbuxas palabras fermosas que querían que estivesen no aire tódolos días do ano.
Tamén traballouse un espectacular libro sobre o maltato psicolóxico. " Arturo e Clementina".
Mirade que cómic realizamos sobre o mesmo!
Ao longo da xornada o alumnado escribiu en burbuxas palabras fermosas que querían que estivesen no aire tódolos días do ano.
Mirade que cómic realizamos sobre o mesmo!
mércores, 21 de novembro de 2018
Presentación do Kamishibai
OBRADOIRO DE KAMISHIBAI
É unha técnica que procede de Xapón.
O contador de historias de Kamishibai vai polas aldeas e cidades.
Chama a atención do público cun Hyoshigi, un instrumento de percusión que podemos ver na imaxe.
Unha vez que escoitas o seu son hai que estar moi caladiño porque empeza a historia...
Nosoutos empezaremos a actuación coa música de "2 claves".
Neste vídeo vemos algunhas imaxes do obradoiro sobre Kamishibai que impartiron os axudantes de Carmiña na nosa biblio.
Parabéns!!! Fixéstelo moi ben.
MOITAS ,MOITAS GRAZAS.
sábado, 3 de novembro de 2018
venres, 2 de novembro de 2018
"POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"
Este é o lema que guiará neste curso os pasos das Bibliotecas Escolares Galegas.
Con el, preténdese impulsar o gusto pola poesía como xénero literario, pero tamén espertar no noso alumnado o interese por descubrir a poesía que se agocha en moitas outras produccións literarias como a fotografía, o cine, as artes en xeral, a paisaxe, o universo, a música, o traballo cotiá, as relacións humanas...
A ilustradora escollida foi Nuria Díaz que nos ofrece unha imaxe moi representativa do que se agocha no lema.Sabedes que este curso é especial para nós porque atravesamos un momento de cambio pero iso non nos vai impedir enfocar o noso PDI "O Orador que levas dentro "con esta visión poética.