O pasado martes visitou o noso colexio a escritora galega María Canosa. Autora de varios libros de Literatura Infantil e Xuvenil, estivo co alumnado de 6º nivel. Neste curso foi de lectura obrigatoria o seu libro Muriel(Premio Merlín de Literatura Infantil, 2017)
María faloulles aos nenos e nenas deste libro, da súa faceta como escritora e colaboradora do programa da TVG "Coma un allo" e respondeu a tódolas súas preguntas.
Tamén lles asinou nos seus libros e no libro de visitas da biblioteca.
Grazas, María! Foi, para nós, unha honra a túa visita!
Ningún comentario:
Publicar un comentario