mércores, 16 de novembro de 2016

NOVOS LIBROS. LECTORES AVANZADOS

Temos novos libros na biblioteca!! Neste caso son libros para lectores máis avanzados. En galego e avalados por  ser libros moi lidos nos centros de ensino.
NENA E O MAR de Érica Esmorís. Ed. Xerais
(Obra ganadora do premio MERLÍN de Literatuta infantil)
Nena é a única nena de Porto Balea. Otto, o seu pai vai na súa barca pescar tódolos días pero un día non regresa. Está preso na Illa das Sereas de onde, segundo contan as lendas, ningún mariñeiro volveu xamais. A valente nena bótase ao mar na procura do seu pai non sen antes descubrirnos as peculiares historias dos habitantes de Porto Balea que son todos anciáns.

UNHA PRECIOSA HISTORIA!!!

NON DEIXES DE LELA; ESTÁ NA BIBLIOTECA!!


OS SABUXOS DIVÍRTENSE NO 
MUSEO PROHIBIDO
Jaureguizar. ed. Xerais. 

Segunda novela que protagonizan os Sabuxos: Nica, Sam, Pat e Norman. Un grupo de amigos que queren ser detectives.
Deliciosa lectura para lectores avanzados!! 





ESMERALDINA, A PEQUENA
DEFUNTA. Ledicia Costas. Xerais

"Ledicia Costas volveuno a conseguir. E non era doado. Logo do éxito arrollador de “Escarlatina, a cociñeira defunta” (6 edicións en dous anos, varias traducións, unha chea de premios e recoñecementos e a devoción incondicional dos nenos galegos), a autora preséntanos unha historia que ten moito que ver con aquela e que semella levar o seu mesmo camiño triunfal."(http://www.comarcasnarede.com/index.php/colaboradores/o-meu-andel/item/3431-ledicia-costas-esmeraldina-a-pequena-defunta)

Ningún comentario:

Publicar un comentario