Hoxe veu á aula de 4º B Victor Romo, avó de Pablo Rivas Romo. Esta visita encádrase dentro do proxecto proposto dende a biblioteca escolar do centro de implicar ás familias do alumnado nas actividades que se programan. O avó de Miguel veu contarnos algo sobre a súa apaixoante vida. Xa que naceu na provincia de Salamanca, logo vivíu en Avilés para rematar en Burela onde leva xa moitos anos xunto á súa familia.
Os nenos e nenas aprenderon entre outras cousas onde está Palencia de Negrilla, que o nome ten que ver coa árbore chamada "negrillo", aprenderon o que significaba antiguamente "facer a mili", etc...etc..
Grazas, Victor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario