venres, 4 de marzo de 2011

UN ENTROIDO MOI MARIÑO


Despois de dúas semanas de bastante traballo, algo de desorde e moita decoración, hoxe, por fin, celebramos o entroido no noso cole. Como estamos traballando sobre o MAR, cada ciclo escolleu un tema relacionado co proxecto:
Os nenos e nenas de E. Infantil foron disfrazados de barcos, submarinos e mariñeiros.
No 1º Ciclo de personaxes animados da serie  “Bob Esponja”.
En 2º e 3º Ciclos de animais mariños: os de 3º de peixes, os de 4º de vieiras e cabaliños de mar, os de 5º de polbos e estrelas e os de 6º de bonitos e percebes. Foi un desfile moi bonito. E para rematar comimos postres típicos do Entroido nas aulas.



Ningún comentario: