luns, 12 de decembro de 2022
venres, 2 de decembro de 2022
xoves, 1 de decembro de 2022
venres, 25 de novembro de 2022
luns, 21 de novembro de 2022
Día Mundial da Infancia.
O alumnado de 4º,5º e 6º reflexionou sobre o tema,tendo en conta o noso proxecto,"un libro unha emoción", lendo este poema:
QUE LOS NIÑOS AYUDEN A LOS NIÑOS
Como el tren de mi infancia,
niños de tercera clase,
niños del cuarto mundo
niños del quinto color,
niños sin
casa,
sin escuela,
sin comida,
sin enfermera.
Niños sin lapicero,
que dibujan con el dedosobre el polvo del suelo,
un gato.
Gloria Fuertes
mércores, 26 de outubro de 2022
O 24 de outubro,celebramos o día das bibliotecas escolares.A nosa mascota,Carmiña,sorprendeu ó alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Primaria.Despois de contarlles a súa vida,ensinoulles con globos de cores,como buscar na biblioteca libros axeitados para a súa idade.Logo, foi polo resto das aulas repartindo as mochilas viaxeiras e dando bos consellos para disfrutar da lectura. Clica na man de Carmiña e verás...
luns, 17 de outubro de 2022
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022 o 17 de outubro baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo . “Un ano máis – avanza Ana Santos Aramburo, directora da BNE – recuperamos a palara de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mujeres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”. O lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.
sábado, 17 de setembro de 2022
mércores, 22 de xuño de 2022
luns, 13 de xuño de 2022
A Super Acción de Mauricio é a historia dun rapaz de Landrove que embarca en Burela para a captura da pescada e que, estando en alta mar, sofre alucinacións e comeza a falar co peixe.
Este conto é o primeiro sobre saúde mental en Galicia e hoxe tivemos a sorte de coñecelo na nosa biblioteca, da man de persoas que participaron na súa elaboración. É un “canto á diversidade” e supuxo todo un exemplo para nós.sábado, 11 de xuño de 2022
domingo, 20 de marzo de 2022
DÍA DA MULLER (Pincha aquí para ver o vídeo)
luns, 28 de febreiro de 2022
O mércores, día 23 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía de
Castro. No noso cole homenaxeámola con diversas actividades para poñer
en valor a súa obra. Comezamos xa o pasado xoves reuníndonos no patio
para cantar todos xuntos o poema de Curros Enríquez "A Rosalía", que
aparece no disco de Uxía "Rosalía Pequeniña". Durante esta semana
continuamos traballando nas aulas a importancia da súa poesía. Podedes
ver un resume premendo nesta ligazón https://youtu.be/D8-clRNP4uA
luns, 31 de xaneiro de 2022
O 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Durante esta semana, no noso cole, estivemos investigando sobre cales son os símbolos empregados para representar a paz, pois máis aló da pomba branca , existen outros que merece a pena coñecer.
Aquí vos deixamos un vídeo coa recompilación dos seus traballos.