martes, 19 de xuño de 2018

INFANTIL PDI BURELA

Dentro do proxecto impulsado dende a biblioteca escolar do noso centro, traballamos este curso os concellos que conforman a nosa comarca, a Mariña Lucense.
Este é o de Burela, elaborado polo alumnado de 6º de Infantil.

Mirade que chulo quedou!!

luns, 18 de xuño de 2018

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

Esta é a guía de lecturas para o verán. Nesta época de descanso non deixedes descansar nunca a lectura. Con ela nunca vos ides aburrir!!
Xa sabedes, no verán...con un libro na man!!

COLABORADORES BIBLIOTECA

Estes alumnos e alumnas foron os colaboradores durante o recreo na nosa biblioteca.
Eles e elas fixeron un importante labor de apoio e colaboración cos profes que estaban de garda.
Axudaron a recoller os libros que se devolvían e a colocalos nos andeis correspondentes, orientaban aos máis pequenos na escolla das lecturas...etc...
Moitas grazas a todos e todas!!

sábado, 16 de xuño de 2018

LARA, GANADORA

Lara Sixto Guisasola de 4ºB acadou o 3º premio no Certame de Narración e Debuxo Infantil convocado pola Biblioteca Municipal de Burela, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2018.
NORABOA, Lara!!
Os ganadores/as, entre os que se atopa Lara

Lara , moi orgullosa do seu premio

mércores, 6 de xuño de 2018

IAGO LÓPEZ NO NOSO COLE

A semana pasada visitounos o contacontos e escritor Iago López. Contou un conto de Mª Victoria Moreno para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria. O conto é do libro "Eu conto, ti cantas" e chamáse "Can branco, can negro".
Coma sempre, Iago encantoulles aos nenos e nenas!!




sábado, 2 de xuño de 2018

TRABALLO SOBRE VIVEIRO

O alumnado de 2º nivel traballou este curso o concello de Viveiro dentro do PDI "A nosa comarca"
Esta é unha pequena mostra do traballo realizado:

PDI: BURELA

Os nenos e nenas de E. Infantil traballaron o concello de Burela dentro do PDI: "A nosa comarca".
Así lles quedou:

venres, 1 de xuño de 2018

PDI: BARREIROS

O PDI (Proxecto Documental Integrado) que por segundo curso consecutivo dedicamos aos concellos da nosa comarca empeza a ter visibilidade.
Así quedou o de 4º nivel: