mércores, 28 de febreiro de 2018
martes, 27 de febreiro de 2018
RECITANDO A ROSALÍA
Unha das actividades realizadas con motivo da celebración do DÍA DE ROSALÍA foi un recitado de poemas da autora.
Aquí podedes ver o poema que recitou 4ºA para os nenos e nenas de E. Infantil.
Que ben o fixeron!!
DÍA DE ROSALÍA
Estes días estivemos celebrando unha data moi significativa: O DÍA DE ROSALÍA, que foi o 24 de febreiro.
Con tal motivo, no noso centro realizamos as seguintes actividades:
O alumnado de Primaria (a partires de 3º nivel) leu poemas de Rosalía aos máis pequenos.
Escribimos nos cristais poemas da autora para facela visible.
En 1º e 2º construiron un photocall de Rosalía no que os nenos e nenas que quixesen sacaran fotografías.
Aquí tedes un pequeno resumo do traballo realizado:
mércores, 21 de febreiro de 2018
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
24
de febreiro, día de Rosalía
ABRIMOS
A FIESTRA A ROSALÍA!
- Escribiremos nas fiestras poemas da autora.
- O xoves, 22 e o venres, 23 o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º acudirá á biblioteca para ler poemas de rosalía aos máis pequenos.
- Sacaremos fotografías coa escritora no photocall situado no edificio vermello.
venres, 16 de febreiro de 2018
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro, celebramos o DÍA DE ROSALÍA
(Soños de Andel, blog da biblioteca do CEIP pluriligüe de Andrade- Pontedeume)
luns, 12 de febreiro de 2018
domingo, 11 de febreiro de 2018
SELECCIÓN GALEGA SUB 17 DE FÚTBOL-SALA
O outro día visitou o noso centro a selección galega sub-17 de fútbol sala. No pavillón agardaba o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º xunto aos seus titores@s a chegada destas rapazas que viñan acompañadas polo seu entrenador, a fisioterapeuta e directivos do equipo.
Despois de presentarse, os nenos e nenas fixéronlles preguntas para, a continuación realizar actividades lúdicas co balón.
Para rematar, as xogadoras firmaron autógrafos e sacaron unha foto todos xuntos.