Hoxe, 25 de novembro, é o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Dende o noso cole, quixemos facer visible esta data do seguinte xeito:
1.- Dende a biblioteca escolar fixemos unha exposición de libros sobre a igualdade:
2.- Decoramos as portas das aulas con motivos alusivos realizados polos nenos/as:
3.- Tamén elaboramos un gran lazo onde fomos pegando outros lazos morados máis pequeniños(dende 3º a 6º)
4.- Onte, venres, vestimos as camisetas que nos donou o Concello de Burela que vén de adherirse á campaña "EN NEGRO" contra a violencia de xénero:
5.- Fomos á Casa da Cultura xunto aos outros centros escolares da localidade para escoitar uns manifestos onde se rexeita calquera tipo de violencia contra as mulleres, tamén escoitamos poemas, cancións...e para rematar tivemos unha actuación de maxia!!
Reproducimos as palabras de Patricia Otero, concelleira de Burela:
"...Burela en negro, pretende vestir de loito o noso pobo, en sinal de dor
por todas as mulleres que son vítimas de violencia..."