sábado, 28 de outubro de 2017

MOMENTOS DE LECTURA DE 4ºA

Aproveitando estes días de calor, a clase de 4ºA animámonos a ir ler fóra na sesión diaria que adicamos a esta actividade.
Os xardíns e o parque que temos no noso cole foron os sitios escollidos para abrir cada un o noso libro.
Tódolos lugares son bos para desfrutar da lectura!!

venres, 27 de outubro de 2017

SAMAÍN

Durante toda esta semana, celebramos que chega o SAMAÍN. Adornamos o cole: as aulas os pasillos as portas...Os nenos/as trouxeron cabazas e, relacionado coa biblioteca, preparamos un expositor con lecturas relacionadas con estas datas e ademais durante toda a semana o alumnado acudíu á biblioteca a escoitar contos, lendas de medo contados polos mestres/as.

martes, 24 de outubro de 2017

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

Dous vídeos moi indicados para celebrar o día de hoxe:

Para os máis pequenos:





Para os máis grandes:

venres, 20 de outubro de 2017

MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O día 24 de outubro celebramos o día da biblioteca escolar. No noso cole podemos cosiderar outubro o MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR xa que durante todo este mes poñemos a andar múltiples iniciativas previstas. Moitas delas arrancan agora e continuarán ao longo do ano.
O noso PROGRAMA para este mes foi e está sendo o seguinte:

 - A finais de setembro xa partiron as mochilas viaxeiras: 





- O día 9 de outubro abrimos a biblioteca para o préstamo/devolución de libros.

- O día 10 entregamos  os carnets de novos lectores ao alumnado de 1º nivel (no noso centro empezan en 1º de Primaria a levar libros depréstamo por decisión das mestras de Infantil)





- Puxemos en marcha o noso 1º CLUB DE LECTURA para 5º e 6º niveis:




- Na semana do 23 ao 27  os mestres/as leremos  contos de medo na biblioteca para tódolos niveis:



- Tamén praticamos a expresión escrita:






- Estamos a realizar uns traballos plásticos relacionados co fomento da lectura:







Por último, o día 24, realizaremos lecturas de medo na biblioteca,  formaremos aos usuarios/as que así o desexen e explicaremos ao alumnado o lema proposto para este curso para as bibliotecas escolares para que de xeito activo, eles tamén debuxen, escriban ....como lles ensina a pensar a súa biblioteca.
 







martes, 10 de outubro de 2017

NOVOS LECTORES

Os nenos e nenas de 1º nivel acudiron hoxe á biblioteca onde os estaba esperando a nosa mascota, CARMIÑA, para darlles a benvida como novos usuarios.
Primeiro faloúselles das normas que había que seguir á hora de levar libros como préstamo e do comportamento que había que ter nunha biblioteca. A continuación, escoitaron un conto sobre como chegou Carmiña ao noso centro e despois entregouselles o seu carnet de lectores e dende hoxe mesmo xa puideron levar libros para a súa casa.
Benvidos/as!!
Carmiña estaba esperando por eles/as

Recibindo os carnets

Que ilusión!

Contentos/as!


Que ben se portaron!