Este curso, as mochilas viaxeiras saen algo antes para as casas dos nenos e nenas para que lles dea tempo de levalas a todos e de ler o seu contido e é que levan algo de todo: libros de inglés con CD para escoitar, revistas, cómics, libros de información diversa : animais, espacio, mitoloxía....narrativa en castelán, en galego...
martes, 26 de setembro de 2017
luns, 11 de setembro de 2017
O CURSO 2017/18 XA ESTÁ AQUÍ!!
Ola de novo. Comezamos outro curso escolar e neste blog iremos publicando como de costume tódalas actividades propostas dende a biblioteca escolar . Informaremos ademais de novidades editoriais que se vaian adquirindo ao longo do curso e de todo aquelo que consideremos interesante para a Comunidade Escolar.
Para empezar, queremos presentar o lema escollido este curso pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para as bibliotecas escolares. Trátase do seguinte:
"APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR"
"...Unha biblioteca escolar actualizada no seu modelo, nos seus
recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con
profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón
unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu
pensamento crítico, a "aprender a pensar".
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición
oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das
lecturas de materiais de divulgación científica, a través das
investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a
pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades
compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun
profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e,
tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos para
desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de
filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o
seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o
alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a
formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais
e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca
vivir."