Na entrada anterior publicabamos uns traballos de 5ºA e 5ª B de Infantil. Un dos traballos publicados estaba incompleto, concretamente o que se presenta en forma de vídeo de 5ºA.
Recibido xa o traballo completo, aquí o mostramos. Xenial!!
Dentro do proxecto marcado para este curso dende a biblioteca do centro "A nosa comarca", en 2ºB viaxaron con Wally por tódolos concellos da Mariña traballados este curso.
Mirade que chulo lles quedou este traballo a estes nenos e nenas coordinados pola súa mestra Nieves Gasalla.
A obriña de teatro que aquí aparece é a que imos a representar o alumnado de 3ºA para finais de curso. É o peche ao noso proxecto sobre "A NOSA COMARCA".
Hoxe, na Casa da Cultura, tivo lugar o Festival conmemorativo das Letras Galegas no que participaron os nenos e nenas de E. primaria. Houbo, bailes, cancións, lectura dunha obra de C. Casares, escritor que se homenaxeu este ano,....etc.
No seguinte vídeo podedes ver algo de tódalas actuacións que tiveron lugar.
Tamén se entregaron agasallos aos ganadores do concurso "Debuxa a túa portada" para a revista escolar.
Aproveitando este día caloroso e soleado os nenos e nenas de 4º B sairon ao patio a ler. Buscaron o sitio que mellor lles acaía e ...a desfrutar da lectura!!