Onte, no noso cole, houbo un festival de Nadal que se ven celebrando cada ano. Tivemos recitado de poemas típicos destas datas e panxoliñas...moitas panxoliñas!!
xoves, 22 de decembro de 2016
martes, 20 de decembro de 2016
GUÍA DE LECTURAS NADAL 2016
O equipo de biblioteca elaboramos unha guía de lecturas para que poda servir de orientación, se se precisa, á hora de adquirir libros para o alumnado en galego, castelán e inglés.
sábado, 17 de decembro de 2016
OS NENOS E NENAS DE 3º EN RADIO BURELA!!
GRANDES VOCES DO NOSO MUNDO
Programa musical de Radio Burela,
dirixido por Marco Pereira. Un espazo dunha hora semanal, emitido todos
os venres entre as sete e as oito da tarde. Unha iniciativa feita desde a
Mariña do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as
grandes voces do noso mundo.
Neste programa sairon as voces dos nenos e nenas de 3º nivel do noso cole xa que cantaron unhas panxoliñas!! ESCOITADE:
venres, 2 de decembro de 2016
A CONTACONTOS Mª CARRERA
Hoxe chegou dende Bueu (Pontevedra) a contacontos Mª Carrera para estar cos nenos e nenas de 2º e 3º nivel.
Ademais de escenificar o conto "HÉRCULES PASEA CON GLORIA FUERTES", Mª tamén tocou a guitarra e cantou con todos cancións infantiles e ata...rock and roll!!
Conectando moi ben cos nenos e nenas e moi implicada incluso coas mestras, fíxonos pasar uns momentos ben agradables. Grazas María!!
Aquí tedes o vídeo que o demostra:
xoves, 1 de decembro de 2016
"SANGUE DE LÚA" DE SABELA GONZÁLEZ
Xa está aquí o novo libro de SABELA GONZÁLEZ, último da triloxía AS CRÓNICAS DE LANDEREINA.
Leva o título de SANGUE DE LÚA e xa se atopa á venda nas librarías. Na nosa biblioteca tamén o teremos a partires da semana vindeira.
"Coa apócema da Pedra de Lúa xa nas súas mans, Berenguela e Güenaela deben escapar da illa dos sabios para na capital de Landereina rescatar ao príncipe Ohn. As heroínas non acougarán ata xuntar o sangue dos Gheiroez elexidos, pois só así poderán destruír a pedra de Lúa e derrotar a malvada Maëriss para poñer a salvo dunha vez por todas o reino." (Ed. Galaxia)
Dende o CEIP Virxe do Carme, onde esta escritora estudou, queremos dicirlle: PARABÉNS!! e desexarlle o maior dos éxitos!!
LECTORES/AS
O curso pasado entregáramos diplomas aos nenos e nenas máis lectores.
Houbo dúas nenas ás que non deu tempo, por botarsenos enriba o remate do curso, de entregar os diplomas que tiñan merecidos.
Como non podía ser doutro xeito, recibíronos este curso.
Noraboa, Andrea e Sabela!! A seguir lendo!
Tamén podedes ver no vídeo a Daniel, Uxía e Andrea recomendando libros que lles gustaron: