luns, 31 de marzo de 2014

I CONCURSO DE CÓMIC

                      CONVOCATORIA CONCURSO DE CÓMIC


Dende o equipo da biblioteca convócase un concurso de cómic .

BASES:
  • Dirixido a terceiro ciclo.
  • Tema libre, os traballos terán que ser orixinais
  • Poderán estar escritos tanto en galego como en castelán.
  • Poderán presentarse os traballos individuais ou por parellas.
  • Adxuntarase á convocatoria unha plantilla para quen queira utlizala. O que o desexe pode facelo sen esa plantilla.
  • Extensión : os traballos terán unha extensión máxima de catro páxinas, a cores ou en branco e negro. A técnica é libre. Os traballos presentaranse con dimensións DIN A-4.
  • Plazo para apuntarse ao concurso dende o luns 17 ata o mécores 19 de marzo. (durante os recreos na biblioteca)
  • Prazo de presentación dos cómics : ata o 23 de abril inclusive. (Entregaranse ao profesor de garda na biblioteca durante os recreos).
  • O xurado estará composto polo equipo de biblioteca e a colaboradora Rosalía.
  • O fallo do xurado será inapelable. Os premiados daranse a coñecer o día 30 de abril, tendo lugar ese día a entrega de premios.
  • Premios:
  • 1º Premio : Exposición pública no centro, e no blog da biblioteca , presentación do cómic ao resto de compañeiros do ciclo e un vale de compra para adquirir un conto ou cómic e material escolar.
2º Premio : Exposición pública no centro, e no blog da biblioteca , presentación do
 cómic ao resto de compañeiros do ciclo e un vale de compra para adquirir un 
conto ou cómic.

       



sábado, 29 de marzo de 2014

ENCONTROS PLAMBE


Os días 27 e 28 de marzo, tiveron lugar no Pazo de Congresos de Santiago os Encontros dos centros escolares do Plan de mellora de bibliotecas escolares. 
Onte, día 28,  que foi cando nos correspondeu ir a nós, houbo ao longo de todo o día  conferencias impartidas por distintas persoas especialistas en distintos campos do saber. Todas foron moi interesantes e de todas aprendemos.
Tamén había exposicións de traballos dalgúns centros. Así aprendemos como se traballa noutros colexios.
Foi unha experiencia moi enriquecedora.
Algúns dos relatores foron os seguintes:
JORGE MIRA PÉREZ
Licenciado e doutor europeo en Física, catedrático de electromagnetismo e director do departamento de física aplicada da USC., director da colección de divulgación científica da editorial da USC.,responsable do programa ConCiencia de divulgación científica.
Falounos de "A emoción do descubrimento ciéntifico: unha ponte cara ao hábito lector reflexivo."
Algunhas frases que nos dixo onte:
"A primeira biblioteca que un neno ve, é a escolar"
"Na biblioteca do noso centro,un neno/a pode atopar o mesmo que pode atopar un que viva nun barrio moi rico e elitista."
"O esforzo é necesario para chegar á meta"
"A biblioteca pode conseguir unha atención distinta á da aula"
"Todos poden ir á biblioteca. Cada un terá un tema que lle interese e pode alí atopar".
"Para a lectura ciéntifica, cómpre un esforzo maior"
"Hai que facer preguntas que podan interesar aos alumnos e os leven a buscar información: lectura."
"A clave é conseguir que a curiosidade pique ata tal punto que xenere a actitude lectora"

NORBERTO BLANCO DORRÍO


Mestre no CEIP  Nosa Señora de Xuvencos (Boborás) 
 Falounos de "Biblioteca escolar e integración da actividade docente para o desenvolvemento do proxecto educativo de centro"
Algunhas frases que nos dixo:

"É fundamental que un membro do equipo directivo forme parte do equipo da biblioteca"
"É imprescindible que o Plan da biblioteca estea tamén no Plan Abalar, no de Convivencia, no de Dinamización..."
"A biblioteca escolar ten qiue estar integrada no currículo."
"É interesante facer una compilación dos recursos da biblioteca para o resto do profesorado do centro"

AURORA RAMILO (mestra no CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño)
Falounos de "Achegámonos á olería. Proxecto documental e traballo colaborativo"
 Presentounos un proxecto feito no seu centro a partires da olería: entrevistas a distintos oleiros da zona, traballo con barro, coñecemento das utilidades deste material...
  
Agora tivemos unha pausa para xantar, e despois unha profesora dun centro de Ferrol resolveu dúbidas en torno ao programa Meiga.

Por último clausurou os actos ANTONIO RODRÍGUEZ DE LAS HERAS, (director do Instituto de cultura e tecnoloxía da Universidade Carlos III de Madrid)

Falou sobre"O lugar da biblioteca na sociedade tecnolóxica". A súa charla centrose na reflexión sobre a sociedade que se está formando por causa da tecnoloxía e nos cambios culturais e educativos que isto trae.

sábado, 22 de marzo de 2014

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celebramos o "DÍA DE ROSALÍA". O alumnado do 1ºciclo elaborou un traballo plástico con este motivo: construiron un puzzle en cartón formando a cara de Roasalía. Quedoulles así de guai!!!