venres, 28 de febreiro de 2014

ENTROIDO 2014

O ENTROIDO 2014 estivo relacionado co tema do proxecto da biblioteca deste ano "Mitos e lendas da Mariña lucense", por iso eliximos personaxes míticos: en Educación Infantil, os magos; en 1º ciclo, lobishomes; en 2º ciclo, a Santa Compaña e 3º ciclo, os trasnos e diaños.
Rematamos o desfile coas coreografías do alumnado de 6º de primaria.





ARTE NA MARIÑA

Neste 2º trimestre, estamos a traballar no noso centro "A arte galega na Mariña". Trátase de que o alumnado, a través de talleres de cerámica e pintura, se achegue a arte que se realiza na nosa zona e entre en contacto e coñeza a artistas representativos desta comarca.
  Esta semana empezaron os talleres de cerámica dirixidos ao alumnado de 1ºciclo impartidos por Estéfano Gudín. Imos coñecer un pouco mellor quen é este artista.
                                              
  ESTÉFANO GUDÍN

Naceu en  Arancedo- El Franco (Asturias). Comezou a realizar pezas de cerámica no ano 2000 tendo como referencia aos alfareiros de La Rambla (Córdoba). Despois entrou en contacto con diversos artesáns asturianos. Seguindo as indicacións destes, realizou diversas réplicas de utensilios domésticos que observou nas palllozas de Piornedo.
  Dende 2004 exerce a súa profesión no obradoiro aberto ao público en Cervo. Hai mostras públicas da súa obra en exposición permanente no Concello de Viveiro e no Museo Provincial de Lugo.                  


                                          

xoves, 13 de febreiro de 2014

O MAGO DE OZ


Xa que o alumnado de E. Infantil vai ir disfrazado de mago, aí tedes un conto moi axeitado!!

venres, 7 de febreiro de 2014

ENTROIDO 2014

Para traballar o Entroido deste ano podedes entrar nestes enlaces:
No recanto de Mik: 

https://sites.google.com/site/bibliocole/entroido-recursoseducativos


e da Coordinadora galega de Equipos de Normalización Linguïstica:



xoves, 6 de febreiro de 2014



Lendas de sereas na Mariña lucense 

A Mariña é o nome que se lle dá á zona situada no norte da provincia de Lugo. Os concellos que a integran están Mapa da mariña lucensesituados entre a franxa costeira bañada polo mar Cantábrico que está cara ó norte, e polas serras do Xistral, Lourenzá e Pousadoiro, que limitan ó sur. Polo este limita con Asturias, separada polo río Eo, e polo oeste limita coa provincia da Coruña, separada polo río Sor.

A súa superficie é de 1.660 Km2, e ten unha poboación de máis de 80.000 habitantes. 
Os concellos que a conforman son os seguintes: limitando ó mar están de este a oeste, Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e Vicedo. Na franxa interior están os concellos de Trabada, A Pontenova, Lourenzá, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro e Ourol.

A Mariña ten un patrimonio histórico moi importante, coas súas orixes na prehistoria.Hai numerosos dolmens, castros, xoias e restos da cultura castrexa, tamén numerosos monumentos da época medieval e vestixios máis recentes.

Esta zona está poboada de lendas referidas ó mundo do mar e das sereas.

LENDA DA MARUXAINA


Unha delas conta que diante do cabo de San Cibrán, no concello de Cervo, hai uns illotes chamados “Os Farallóns”. Mariña de LugoDise que alí vive unha serea chamada “A Maruxaina”. Nos días de mal tempo, a Maruxaina sae dos illotes e chama os mariñeiros. Hai quen cre que sae para axudar ós mariñeiros en caso de perigo, pero tamén hai quen di ca súa intención é engaiolalos para que naufraguen.

Este pobo de San Cibrán recuperou hai algúns anos unha vella tradición. Confeccionan unha serea de longos cabelos louros cunha roca. O segundo sábado do mes de agosto, pola noite, lévase esta serea dende Os Farallóns ata a praia de San Cibrán. Alí é sometida a un xuízo popular, no que queda absolta. Ó rematar, volve ás illas, nas que permanece o resto do ano.

Existe tamén outra lenda moi coñecida. Forma parte do conxunto das tradicións populares celtas comúns entre Bretaña, Cornualles, Gales, Galicia e Irlanda... Conta a orixe do nobre liñaxe bretoñés dos Mariños....

LENDA DOS MARIÑOS


Conta a lenda, que hai moito tempo, existía un nobre quen vivía nestas terras britonienses. O seu nome era Froilán, e era moi querido e apreciado polos seus vasallos, pola súa sabedoría e pola súa xustiza.

Froilán gustaba moito da caza, pasear no seu cabalo nas súas terras, e falar moito coa súa xente, mentres facía eses percorridos.

Nun deses tantos días, nos que estaba a facer o seu paseo diario, viu dende un acantilado unha muller deitada na praia. Preso dunha grande curiosidade, achegouse a modiño ata ela. Quedou moi abraiado e perplexo, ó darse conta Mariñade ca muller durmida sobre na area tiña corpo de peixe. Era unha serea.

Cando ela espertou e viu que Froilán estaba mirándoa, quixo escaparse, mais foi imposible. El montouna ó seu cabalo e levouna ó castelo. Cando tódolos seus servos a viron quedaron admirados pola extraordinaria fermosura da muller-peixe. Chamárona Mariña, por proceder do mar.

Froilán e Mariña namoráronse rapidamente. Eles pasaban todo o día xuntos, montando á cabalo e percorrendo tódalas terras do nobre.

A pesar de que Froilán, intentou que ela aprendese a falar, Mariña, quizais pola súa condición de serea, non podía pronunciar palabra ningunha. Cando o intentaba, só podía emitir uns ruídos moi difíciles de comprender.

Tal era o cariño dos namorados, que decidiron casar e ó pouco tempo, coma resultado dese amor , tiveron o seu primeiro fillo.

O tempo pasaba e Mariña, seguía sen poder falar. Isto provocáballe unha gran mágoa e dor... Sentíase moi triste por non poder expresa-lo seu profundo amor e felicidade a Froilán e ó seu filliño.

Na máxica noite de San Xoán, e estando nunha marabillosa festa, ó son das cancións, comendo, e bailando en fronte das fogueiras, Froilán, quen sabía o profundo medo que Mariña sentía cara ás faíscas, arrebatoulle o seu pequeno fillo dos seus brazos e saíu correndo co neno cara á fogueira, dando a impresión de que ámbolos dous, quizais por mor dun meigallo o feitizo, entrarían nas chamas...

Mariña, presa dun horror enorme, e por medo a perder ós dous seres que máis amaba no mundo, berrou desesperadamente:

- "Froilán!!.. Fillo!!.."

Dese xeito, e gracias ó susto, Mariña puido pronuncia-las primeiras palabras da súa vida... e pouco a pouco aprendeu a falar... Houbo unha grande celebración e festa no castelo, e a maior ledicia e felicidade na vida do nobre Froilán, que viviu feliz con Mariña polo resto da súa vida...

Anos despois, dous dos descendentes desta parella, Froilán e Mariña, acadaron gran fama e sona no Reino de Galicia.. Eran Os Mariños, que dedicados á poesía e á música , foron os compositores dunha das máis fermosas composicións líricas dos cancioneiros galegos medievais.

Este nobre liñaxe do reino, tiña o seu escudo de prata, cunha representación dunha serea e tres ondas azuis.

Tamén varios integrantes desta familia, participarían nas guerras contra os árabes, asentáronse nos novos territorios do sur e contribuíron á riqueza do que sería o futuro Reino de Portugal.


Fontes de información:  Web da diputación de Lugo, www.diputacionlugo.es e http://www.toprural.com