sábado, 26 de novembro de 2011

NADAL 2011

Aquí tedes unha escolma de actividades, contos, refráns e recursos de todo tipo para traballar o Nadal galego neste curso. Están recollidos pola Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística. Esperamos que vos axuden. Para velos, premede na imaxe da parte inferior.

Este é un LIM sobre o Apalpador:
http://dl.dropbox.com/u/50994681/apalpador.html

venres, 25 de novembro de 2011

6 de DECEMBRO: DÍA DA CONSTITUCIÓN

Como todos sabedes o día 6 de decembro é o DIA da CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA. Para poder coñecela, aquí hai unha páxina con moitos recursos que foi elaborada polo CEIP. MIlladoiro de Malpica de Bergantiños.


Máis enlaces para traballar a Constitución, o Estatuto e os Dereitos Humanos.

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


 

domingo, 20 de novembro de 2011

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este vídeo foi rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, e presentouse no Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación.
As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.

martes, 15 de novembro de 2011

TEMPO DE OUTONO: MAGOSTO

Neste enlace de "O Recanto de Mik" hai moitos recursos para traballar o Outono e desde o CEIP ESTEIRO de (FERROL) unha fermosa presentación de refráns.